LugoPatrimonio :: Asociación Cultural
Luns, 16 Abril 2012 09:45

A Música medieval en Galicia

Tres son as fontes fundamentais para o estudo da música na Galicia do medioevo que serán motivo da nosa reflexión: en primeiro lugar, os testemuños da pedra ao longo do Camiño de Santiago, en número superior a outras áreas e outros países: a música adquire no Camiño, en interpretacións e símbolos, un carácter transcendente como representación dá penitencia e ou sufrimento que calquera peregrinaxe comporta. En segundo lugar, temos os cancioneiros galego-portugueses e a propia música litúrxica conservada nas catedrais, especialmente na de Santiago. Aqueles testemuños pétreos e tradicións mantivéronse, finalmente, vivos ao longo do Camiño ata integrarse no estilo e nos temas de tradicións, contos e romances populares que foron desenvolvéndose en paralelo a través da tradición oral que os cancioneiros máis recentes (dos séculos XIX e XX) recolleron.

Luns, 16 Abril 2012 09:35

Carlos Villanueva

Carlos_VillanuevaCarlos Villanueva é catedrático de Hª da Música da Universidade de Santiago de Compostela, recibindo a súa formación musical no Seminario de Lugo, baixo o maxisterio de Xosé Castiñeira. Publicou ao longo destes anos, como autor ou como editor, importantes monografías de referencia sobre a interpretación do instrumentos medievais e a súa simboloxía: El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento, Los Sonidos del Pórtico de la Gloria, El Códice Calixtino y la Música de su tiempo, asi como numerosas monografías sobre música Galega: o cancionero de Casto Sampedro, ou a biografía de Xesús Bal y Gai, entre outras, temática que presentou en diversos congresos en España, Europa e nos EEUU, así como en gravacións co seu grupo In Itinere, co que conseguiu en 1984 o Premio Nacional de Discografía con A Música no Camiño de Santiago (Hispavox). Foi codirector do proxecto de Construción dos Instrumentos do Portico da Gloria, patrocinado pola Fundación Barrié (1989-2004). Foi en tres ocasiones Profesor visitante do Departamento de Música da Universidade de Pennsylvania (USA); Premio da Crítica Galicia 1982 e 1986 e co seu grupo In Itinere recoñecido como Galegos do Mundo 2002, galardón que outorga o diario El Mundo.

LugoPatrimonio apoia á Asociación para la conservación del patrimonio de Guadix (Granada) no documento que van entregar ao concello de Guadix solicitando a escavación, restauración e posta en valor do teatro romano.

O teatro romano de Guadix apareceu, de forma fortuíta, no proceso de construción dun aparcadoiro subterráneo en abril de 2008.  A través dunhas catas, púidose escavar unha mínima parte, quedando todo paralizado até a data de hoxe. O pouco visible está ao aire libre e sufriu unha gran deterioración, polas inclemencias meteorolóxicas, estancamento de auga, vexetación, etc..

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO